Boiro Novo demanda a declaración de ARI para a rúa Principal e a súa contorna

    BOIRO> A formación denuncia a falla de activación por parte do Concello a unha iniciativa plenaria aprobada por unanimidade en marzo do ano pasado na que se reclamaba precisamente un plan de recuperación desta emblemática rúa boirense. En marzo de 2016 o pleno boirense aprobaba por unanimidade de tódolos grupos con representación na corporación unha iniciativa plenaria presentada precisamente por Boiro Novo na que o equipo de goberno se comprometía a elaboración dun Plan Integral para a Recuperación da rua Principal. Segundo Boiro Novo máis dun ano despois, o Concello non investiu nin un só euro neste proxecto nin ten solicitado tampouco ningunha subvención para acometer a súa mellora, e a zona segue a día de hoxe cunha imaxe bastante degradada. Ante a falla de ideas por parte do executivo local, Boiro Novo proponlle ó equipo de goberno a declaración da rúa principal e a súa contorna como Área de Rehabilitación Integral botando man tanto do Plan Rehabita 2015-2010 da Xunta comoa o Plan Estatal de Vivenda 2018 2021. Segundo Boiro Novo esta situación permitirá ós propietarios de edificios nesta zona poder acollerse ás subvencións para a conservación ou mantemento das súas propiedades.