RIBEIRA> O concello implantará zona azul nun treito da Avenida do Malecón para mellorar a dispoñibilidade de prazas de aparcamento nesta zona.
{flowplayer}barbanza/enquisaszonaazul.flv{/flowplayer}
Os operarios do concello xa colocaron a sinalización e mañá procederase ó pintado das 23 prazas que pasarán a incrementar a zona azul, entre o cruce con Rosalía de Castro e a praza de abastos. O sistema comezará a funcionar o próximo luns aínda que durante a primeira semana non se sancionará ós infractores.
O funcionamento será o mesmo que se está a aplicar noutras zonas do casco urbano; é dicir, o aparcamento seguirá sendo de balde pero por un tempo máximo de hora e media.
A nova non foi ben acollida polos condutores que vén nesta medida un problema engadido á escaseza de prazas de aparcamento públicas na vila.
Posible ampliación
En función dos resultados do novo sistema, o concello estudará a súa ampliación ó treito restante do Malecón, dende o cruce ata o palco de pedra.
A medida afectará unicamente á marxe en que se atopan as vivendas mentres que a da zona portuaria seguirá a ser de estacionamento libre.
Redacción Barbanza