A CIG chama á participación nos actos do 1 de Maio

    manifestacion1maio_100_270409.jpgBARBANZA> Será o único sindicato que celebre esta data na comarca, cunha mobilización polas rúas de Ribeira.

    {flowplayer}barbanza/manifestacion1maio.flv{/flowplayer}

    Seguindo coa mesma liña mantida nos últimos anos, a CIG Barbanza celebrará o primeiro de maio cun acto na comarca. O lugar escollido unha vez máis por este sindicato para a celebración desta data especial será Ribeira, con saída dende a praza da Lonxa ás doce da mañá para percorrer posteriormente as principais rúas da localidade.

    Adopción medidas extraordinarias

    Baixo o lema ‘Por un novo modelo económico social’, os afiliados da central intersindical galega reivindicarán unha serie de medidas extraordinarias que redunden na mellora das condicións dos traballadores entre as que se atopan a protección dos desempregados e daqueles que non teñen ingresos por medio dun salario de reinserción laboral, unha fiscalidade progresiva na que paguen máis impostos os que máis teñen ou amplia-los sistemas de protección social básicos. 

    Chamada á mobilización

    Por esta razón dende a CIG fan un chamamento a tódolos traballadores a participar nesta mobilización.

    Redacción Barbanza