RIBEIRA> Os veciños da parroquia ribeirense de Palmeira demandan un médico a tempo completo no centro de saúde da localidade. Saíron á rúa para manifestar o seu malestar ante as deficiencias que presenta a asistencia sanitaria.
Os veciños de Palmeira non conta na actualidade cun médico fixo no centro de saúde. dende que o titular da praza colleu a baixa, a administración non contratou a un substituto co que a súa ausencia está a ser cuberta por persoal do ambulatorio de Ribera, só durante unhas horas e en días alternos.
Denuncian os numerosos contratempos que lles provoca esta situación posto que para calquera consulta teñen que desprazarse ata Ribeira.
De non tomar medias o SERGAS para a incorporación dun profesional, temen que a situación empeore de cara ó verán posto que a parroquia multipica a súa poboación durante os meses de xullo e agosto.