Agustín Agra gaña o certame ‘Avilés de Taramancos’ con Trebón de Ouro

NOIA> Agustín Agra gañou o vixésimo terceiro relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos que convoca o concello de Noia. O xurado elixiu por xeito unánime a súa obra ‘Trebón do Norte’ pola súa valía cultural, histórica e literaria.

Este era o momento en que o concelleiro de Cultura de Noia lle comunicaba a Agustín Agra que a súa obra resultara gañadora do Certame Literario Antón Avilés de Taramancos.

A pesar de que competía con outras obras de gran calidade, o xurado non tuvo dúbidas á hora de elixir por unanimidade ‘Trebón do Norte’ que explora a influencia escandinava na constitución do reino de Galicia.

O xurado presidido pola alcalde Santiago freiro e integrado por Oliva Fraga, Ana Romaní, Ismale Ramos e Antonio Piñeiro destacou a riqueza e histórica e cultural desta obra ademais da súa calidade literaria.