RIBEIRA> A crise xerada polo coronavirus está tamén a bater con forza ó sector do mar. A confraría de Aguiño decidiu paralizar a actividade temporalmente ante a caída dos prezos da ameixa e do ourizo.
Esta era a estampa esta mañá no porto de Aguiño, Nin rastro das embarcacións chegando a terra para descargar o seu produto. Igual na lonxa, pechada a cal e canto e sen subhasta despois de que a confraría decidira paralizar a actividade de xeito temporal ante a caída dos prezos. Este luns, última xornada na que saíron a faenar, constataron o que xa viñan observando a pasada semana, o desplome das cotizacións por baixo dos mínimos establecidos.
As perdas derivadas destes días de inactividade non son o que máis preocupa ós profesionais. Peor é a incertidume ante o futuro a curto prazo do seu medio de vida.
Ás dificultades económicas únense os riscos sanitarios nunha actividade como o marisqueo na que non é doado manter a distancia de seguridade.