A PDRA esixe protección xurídica para a Ría de Arousa

    rolda_pdra100.jpgVILAGARCÍA> A PDRA celebra a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica a ilegalidade dos depósitos de Ferrazo.

    {flowplayer}images/salnes/ROLDA_PDRA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa celebra a sentenza do Tribunal Supremo que ratifica a ilegalidade dos depósitos de hidrocarburos de Ferrazo, no porto de Vilagarcía.

    Unha vitoria, como dixo o presidente da PDRA Xaquín Rubido, que chega once anos despois de comezar a loita. Para Rubido, esta sentenza é clave e afecta ós tres contenciosos administrativos que hai presentados. Os membros da plataforma non paran aquí a actividade e advirten que se a Administración non executa a sentenza do Supremo, farano eles.

    Queren os depósitos fóra de Vilagarcía, pero, sobre todo, un respaldo xurídico para que a ría de Arousa se libre do tráfico de hidrocarburos. Non dan nomes, pero tras esta vitoria, a plataforma reclama responsabilidades políticas a quen corresponda.

    A plataforma está a preparar unha festa para celebrar este triunfo con todos aqueles que formaron parte do colectivo nestes once anos de loita.

    Redacción Salnés