Carpeta, lapis e folios gratis para tódolos estudantes de primaria

    VOLTACOLECONSORICO copia.jpg SALNÉS> Nisto consiste a nova campaña que vai poñer en marcha o Consorcio do Comercio: o reparto de material escolar nos centros públicos da comarca.

    {flowplayer}images/salnes/CAMPANA_COLE_CONSORCIO.flv{/flowplayer}

    Porque a volta ó cole é case como a costa de xaneiro. Un mes inzado de gastos no que moitas familias teñen que planificar en que investir para que os pequenos da casa poidan contar co equipo necesario para comezar o novo curso. Desde o Consorcio do Comercio do Salnés pensaron que a mellor forma de achegarse ós seus clientes e axudalos en momentos difíciles é converténdoos nos beneficiarios da súa nova campaña. Así, para que os nenos de primaria do Salnés poidan estrear este ano carpeta, lapis e folios, os comerciantes visitarán os colexios públicos da comarca para repartirlles este material.

    A campaña supón un desembolso económico próximo ós 45.000 euros, pero o Consorcio contará coa colaboración Consellería de Economía e Industria para financiala, co que a Xunta asumirá o 70 por cento do custe.

    Redacción Salnés