Shakespeare, por Quico Cadaval, no Auditorio de Vilagarcía

    noitedereis100_211107.jpgVILAGARCIA > O teatro vístese de luxo en Vilagarcía. O novo espectáculo do Centro Dramático Galego, “Noite de Reis, ou o que queirades”…

    …chega a Vilagarcía precedido dun enorme éxito. Xosé Castro Ratón, concelleiro de cultura, o director da obra, Quico Cadaval e os actores Xosé Manuel Oliveira “Pico” e Simone Negrín, presentaron e falaron da obra, coincidindo en que trátase dun espectáculo divertido, cunha agradable posta en escena e ca música como parte importante da obra.

    Segundo concelleiro de cultura, a obra foi unha aposta gañada antes de ser levada a cabo. Levan a costas o cartel de “entradas agotadas” A primeira representación terá como público aos escolares de Cuntis, Coroso, Agolada, Ribeira e Caldas entre outros.

    Será o venres ás once e media da mañá para institutos e o sábado ás nove da noite para o público xeral “Noite de Reis” é unha das primeiras obras de Shakespeare, unha comedia sobre as tolemias de amor, un tema que interesa a todos en xeral e a xuventude en particular.

    A adaptación de Quico Cadaval leva a obra aos anos cincuenta, bonitos anos segundo director e resaltan a posta en escena, a música, o vestiario e tamén o humor que son capaces de transmitir os actores no escenario, grazas ao bo ambiente e ó estupendo clima de traballo que din ter entre eles.

    Unha obra, en definitiva, que non podemos perder. As entradas pódense reservar por adiantado na taquilla de caixanova no auditorio.

    Redacción Salnés