Condenados a 5 e 6 anos e medio de cadea os autores dun intento de homicidio en Ribeira

RIBEIRA> Condenados a 5 e 6 anos e media de prisión os autores dun intento de homicidio en Ribeira. Os feitos aconteceron en 2023 cando feriron de gravidade a outro home tras acoitelalo e dispararlle cun arma de fogo. Os acusados aceptaron as penas impostas tras chegar a acordo entre as partes.

Tralo aprazamento do xuízo ó chegar a acordo entre as partes, esta semana celebrábase na Audiencia Provincial a vista de conformidade. Os dous acusados de tentar matar a un home en Ribeira na madrugada do 21 de maio de 2023, aceptaron as penas de cinco e seis anos e medio de cadea respectivamente.

Ó delito de tentativa de homicidio polo que se lle impuxeron 5 anos a cada un, súmase nun dos casos outro ano por tenencia ilícita de armas e seis meses por graves amezas.

Deberán ademais aboar 60 mil euros en concepto de responsabilidade civil, dos cales xa a metade foron depositados antes de alcanzar o acordo.

No que respecta ós outros dous acusados dun delito de encubrimento, posto que axudaron ós autores da agresión cando tentaban fuxir cara Portugal, acordouse a suspensión da pena de seis meses de cadea se non reinciden nun período de dous anos.