Noia converterase en Agosto na sede internacional da Arpa

    NOIA> Noia acollerá entre o dous e o catro de agosto o Festival Internacional de Arpa. Nesta cuarta edición destaca a alta participación de artistas locais que compartirán escenario coas máis grandes figuras internacionais nesta disciplina. Recoñecidos artistas a nivel internacional e numerosos músicos locais compoñen o cartel da cuarta edición do Festival de Arpa de Noia. Desenvolverase o primeiro fin de semana de agosto no marco incomparable da igrexa deSanta María A Nova. Haberá tamén concertos na praza do Tapal e no Coliseo Noela. O festival mesturará as mellores figuras das arpas europea e latinoamericana cos artistas locais nun ambicioso proxecto de colaboración para a produción de eventos musicais. Músicos da talla de Camille Leveque, Triona Marshall, Ismael Ledesma ou o artista revelación Eduardo Viveros Colín da idea do alto nivel deste festival que encherá Noia de música a primeiros de agosto. Para os que aínda non o teñen claro, aí vai un adianto do que se poderán atopar neste encontro. A artista Marta Quintana ofreceu un miniconcerto durante a presentación do festival.