Xoán Xesús Ares foi elixido coma vocal da nova executiva do PSdeG

    aresvocalexecutivapsoe_100_280409.jpgBARBANZA> Ares convértese no único representante da comarca na dirección autonómica do partido coa saída de Xosé Manuel Lage

    {flowplayer}barbanza/aresvocalexecutivapsoe.flv{/flowplayer}

    Os seus compañeiros de partido respaldaron de xeito unánime a Xoán Xesús Ares que entra a formar parte da nova executiva socialista, presidida polo exconselleiro de Medio Ambiente e xa secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez. A elección supón un novo reto para Xoán Xesús Ares.

    A entrada de Ares como vocal na nova dirección autonómica ten como contrapartida a saída de Xosé Manuel Lage que, ata o de agora, viña ocupando a secretaría de formación e constituía a única representación do Barbanza na executiva. Semella que o deputado noiés seguirá a ser responsable dos asuntos da comarca pero a través do grupo parlamentar onde centrará a súa actividade.

    Redacción Barbanza