O concello cederá unha parcela en San Lázaro para vivendas protexidas

plenonoia_100_280409.jpgNOIA> A corporación municipal deu o visto bo á cesión dunha parcela en San Lázaro á Xunta para a construción de vivendas de protección pública.

{flowplayer}barbanza/plenonoia.flv{/flowplayer}

A pesar de que a orde do día incluía outros puntos, a maioría meros trámites, o asunto que centrou maior debate foi a moción presentada polo partido nacionalista. Nela solicitaba ceder á Xunta a parcela R-17, do ámbito da unidade de actuación número 3 de San Lázaro, para a construción de vivendas públicas.

A iniciativa do BNG contou co apoio do PP aínda que o seu portavoz, Antonio Pérez Insua, recriminoulle ós nacionalistas non ter levado a cabo este proxecto durante os dous anos que integraron o goberno municipal, cando tiñan na Xunta un goberno amigo. O voceiro nacionalista, Bieito González, respostoulle explicando novamente a tramitación da unidade número tres que contou con varios obstáculos e criticou do portavoz popular o seu xeito de entender o servizo público en función de cores políticas.

Tensión

O momento máis tenso chegou coa intervención do alcalde, Rafael García Guerrero, quen a pesar de compartir a necesidade de crear vivenda protexida entende que debe ser a Xunta a encargada de compra-lo terreo, tal e como vai facer noutros concellos como Porto do Son e Ribeira, incluídos no Plan Sectorial de Vivenda. Aquí, o portavoz popular acusouno de insultar á democracia sen atender os dereitos das persoas con menos recursos.

Finalmente, a moción foi aprobada cos votos a favor de BNG e PP e a abstención dos edís socialistas.

Redacción Barbanza