O Día Internacional do Libro celébrase tamén en Pontevedra

PONTEVEDRA> Hoxe é o Día Internacional do Libro. Unha conmemoración que pretende fomentar a lectura e defender e protexer a industria editorial e os dereitos de autor. Esta mañá achegámonos ás librarías da cidade para saber como viven os libreiros un día coma hoxe e sobre todo, se esta celebración afecta ou non as ventas.

Un bo libro volve libre a quen o le. Fai que o lector se relaxe, que desfrute e mesmo que se traslade a outra realidade. Algúns len para sentir que non están solos, outros para viaxar lonxe, e outros simplemente por paixón. Pero sexa cal sexa o motivo, hoxe é o Día Internacional do Libro e iso demostra, un ano máis, que as boas obras non desaparecerán nunca das nosas mans.

As novas tecnoloxías revolucionaron o mundo da lectura, pero moitos seguen sen cambiar as súas páxinas de papel por unha pantalla.

Como dixo Rubén Darío, un libro é forza, é valor é alimento, e foco do pensamento e manancial do amor e sobre todo…