O Conselleiro de Medio Ambiente inaugura o punto limpo do Son

 PORTO DO SON> O Conselleiro de Medio Ambiente visitou as novas instalacións do punto limpo que vén de poñerse en funcionamento grazas á axuda de trescentos mil euros achegada pola Xunta.

{flowplayer}barbanza/conselleiropuntolimposon.flv{/flowplayer}

Coa inauguración deste punto limpo xa son cento trinta as instalacións de xestión de residuos voluminosos en toda Galicia. A Consellería de Medio Ambiente subvencionou a posta en marcha deste servizo cunha achega de trescentos mil euros.

Hai apenas unha semana que se puxo en marcha o servizo polo que dende o concello están a realizar unha campaña informativa sobre os horarios e os tipos de residuos a depositar no punto limpo.

A intención do departamento autonómico é seguir avanzando no sistema de optimización dos residuos polo que ó longo do ano poranse en funcionamento nove puntos limpos en toda Galicia.

Redacción Barbanza