Francisco López ‘Chesqui’ opta á presidencia do PG

    francisco_lopez_chesqui100_280409.jpgSALNÉS> O grovense Francisco López, Chesqui, presentaráse á presidencia do Partido Galeguista no congreso que se celebrará o 14 de xuño.

    Chesqui considera que esta formación política precisa ocupar o espazo electoral no que estaba e di que se presenta para volver a conseguir que se lles respecte en tódolos ámbitos.

    Francisco López ten unha longa traxectoria como militante e dirixente do Partido Galeguista pero esta é a primeira vez aspira a ocupar o cargo de presidente. E de momento, a súa é a primeira candidatura que se presentou.

    Chesqui dimitiu como vicepresidente xeral en 2007 por diferenzas co entón secretario xeral, Manoel Soto. Hoxe forma parte do Partido Galeguista como militante de base, inda que está ligado ós órganos de dirección desde 1982.

    Redacción Salnés