Descubrindo as marabillas de Arousa Norte

    BOIRO> 50 alumnos de varios ciclos do sector turístico do Centro da Farixa, en Ourense, desprazáronse esta mañá a Arousa Norte para coñecer de primeira man a xestión turística que se fai na zona.

     

     

    O centro Integrado de Formación Profesional conta entre a súa oferta educativa con estudos de Hostalaría e Turismo. A visita comezou a primeira hora da mañá cun encontro con membros da Mancomunidade no centro Social de Boiro, onde lles explicaron, entre outras cousas, a estratexia comunicación da entidade, para transmitir os valores dos catro concellos de Arousa Norte. A actividade continuaba posteriormente coa visita a varias das zonas máis turísticas da Arousa Norte, coma o Mirador da Curota ou o Parque de Corrubedo, onde os estudantes ían comprobar en persoa cómo traballan os guías turísticos nestes tipo de espazos. Entre as cousas que aprenderon, por exemplo, que no Mirador da Curota existe a posibilidade de realizar visitas adaptadas para persoas con discapacidade auditiva e visual; e a riqueza da Duna móbil de Corrubedo, que cada ano visitan 300.000 persoas

     {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/alumnos_hostaleria_visitan_arousa_norte_101120161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/10/alumnos_hostaleria_visitan_arousa_norte_10112016.mp4{/flowplayer}