O BNG convida á cidadanía a participar no proceso cara a carreira electoral

    BOIRO> O BNG de Boiro convoca á cidadanía a unha asemblea que se celebrará este sábado. Con este encontro, enmarcado no proceso ‘Adiante’ pretenden recoller as achegas de simpatizantes e militantes mirando xa cara a convocatoria electoral. Polo momento, as asembleas que xa se desenvolveron noutros concellos galegos contaron cunha ampla participación recollida nas actas que se poden consultar a través da web ‘adiante.gal. A pesar de que son conscientes do desánimo da poboación e do descrédito que xera a política na actualidade, os nacionalistas chaman á cidadanía a implicarse co obxectivo de que Galicia conte con representación nos órganos de decisión. A cita será este sábado na casa da cultura da cachada ás oito da tarde.