O executivo ralentizará a urbanización do Plan Parcial de Cabo de Cruz

    retrasoplanparcialcabo_100_280409.jpgBOIRO> A medida foi tomada debido á situación de crise económica actual, especialmente no sector da construción.

    {flowplayer}barbanza/retrasoplanparcialcabo.flv{/flowplayer}

    Segundo informou o edil de Urbanismo boirés acaba de remata-lo prazo de presentación de alegacións á parcelación, que será levado logo a pleno para a súa aprobación. Unha vez realizado este trámite iniciaríase o proxecto de urbanización. Conscientes dos problemas que podería acarrear nestes momentos o desenvolvemento do plan, que se levará a cabo polo sistema de compensación, debendo asumir os propietarios dos terreos os custes da urbanización, o executivo boirés decidiu ralentiza-lo proceso, a espera de que a situación económica actual mellore, especialmente no sector inmobiliario.

    Rebaixa na edificabilidade

    O que si ten claro Xoán León é a necesidade de deixar canto antes finiquitado o proceso de reparcelación, para que non se produza unha rebaixa da edificabilidade na zona, actualmente fixada 0’5%.

    Plan Parcial Barraña

    Outro caso ben diferente é o Plan Parcial de Barraña. O executivo local considera necesario o seu desenvolvemento, ó atoparse nunha zona privilexiada.

    Redacción Barbanza