O Concello de Lousame aproba o alleamento dunha casa en Camboño

    LOUSAME> A Xunta de Goberno Local do Concello de Lousame aprobou o alleamento dun ben inmoble, composto por unha casa e unha finca de 374,83 m2, pertencentes ao patrimonio municipal do solo de Lousame. O inmoble está situado en Corral de Abaixo 1, Chousa, na parroquia de Camboño (Lousame) e o orzamento base de licitación é de 60.000 euros, sen incluír impostos. O prego de condicións pode consultarse e descargarse dende a web municipal. A vivenda atópase en solo de núcleo rural consolidado e conta cos distintos servizos: asfaltado de camiños, rede de abastecemento de auga, rede de saneamento, electricidade e telecomunicacións. Sobre unha superficie total da finca de 374,83 m2, o inmoble conta cunha planta baixa de 80,59 m2 e unha planta baixo cuberta de 44,26 m2 construídos. A edificación conta con muros exteriores de pedra, con forxado unidireccional de formigón, estrutura metálica de cuberta, cuberta de fibrocemento, ventás e portas. Tras a súa publicación no BOP, ábrese un prazo de 45 días para a presentación de ofertas no Concello de Lousame