Dúas mulleres asiáticas aparecen mortas e amordazadas en Pontevedra

    asiaticas_100.jpgPONTEVEDRA> Dúas mulleres asiáticas apareceron mortas esta mañá nun piso de Pontevedra. As víctimas foron encontradas amordazadas, cas mans…

     {flowplayer}images/salnes/290409_asasinato_pontevedra.flv{/flowplayer}

    … atadas e con evidentes síntomas de violencia, no andar número 3 deste edificio número 8 da rúa Amado Carballo. Os corpos sen vida foron descubertos pola Policía Nacional, que fora avisada mediante unha chamada ás 10.15 da mañá por un coñecido das finadas, estrañado ó levar varios días sen saber delas.

    Á espera dos resultados da autopsia, as mulleres poderían ter morto fai días por asfixia.Ámbalas dúas, de mediana idade, vivían desde fai un mes nesta vivenda de aluguer, segundo os veciños, xunto cun home maior de nacionalidade española.

    Durante todo o día os cadáveres permaneceron no inmoble que foi inspeccionado por axentes da policía científica destacados na nosa comunidade, e máis tarde, por un equipo especializado que ven adrede desde Madrid.

    O xuíz xa decretou o segredo de sumario polo que o caso está rodeado dun absoluto mutismo. Con todo, pénsase que podería tratarse dun axuste de contas. Ademais, un mozo que se achegou durante a tarde ata as inmediacións do inmoble, declarou coñecelas por ter sido recentemente cliente dunha delas.

    Redacción Salnés