O PP inicia un curso político marcado polas eleccións municipais

    soutomaior_politicos_copia100.jpgSOUTOMAIOR> O acto, que reuniu a miles de persoas, estivo encabezado por Mariano Rajoy, Alberto Núñez Feijóo e Rafael Louzán.

    {flowplayer}images/salnes/SOUTOMAIOR.flv{/flowplayer} 

    As eleccións municipais do próximo ano marcaron o discurso do inicio do curso político para o 2011. Dende as filas populares, sinaláronse os gobernos bipartitos dos concellos como os principias inimigos.

    O discurso do actual presidente da Xunta, estivo centrado en Galicia. A campaña contra os incendios deste verán, a débeda dos concellos e a fusión das Caixas galegas, foron os temas que concentraron a súa atención.

    Rajoy amosouse positivo sobre as súas posibilidades nas próximas eleccións á Moncloa. O dirixente, recordou o goberno de Aznar, e estableceu os obxectivos para o próximo ano.

    A crise, o paro e os recortes anunciados polo goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, foron os piares do discurso dos dirixentes populares, que reuniron a máis dun millar de persoas no Castelo de Soutomaior.

    Redacción Salnés