RIBEIRA> Ribeira engrosa a súa programación cultural con catro novas propostas que se desenvolverán no auditorio ata decembro. Destaca o espectáculo ‘Iconos’ do recoñecido dramaturgo Rafael Álvarez ‘El Brujo’.
Aínda inmerso na Mostra de Teatro máis ampla do concello de Ribeira, o departamento de Cultura xa ten programadas outras propostas que se desenvolverán durante aos próximas meses no novo auditorio. A máis inmediata o 19 de outubro coa proxección da curtametraxe Balle Voyage e posterior coloquio, en colaboración coa Deputación da Coruña.
Tamén da man do ente provincial proxectarase o xoves 21 de novembro o documental de Nós Televisión ‘Bravú’XXX dirixido a público escolar. A proposta máis destacada terá lugar esa mesma semana, o sábado 23, no que Rafael Álvarez ‘El Btujo’ levará a escena o espectáculo Iconos que contará con só dúas funcións en Galicia, unha delas en Ribeira.
Xa en decembro, o día 6, terá lugar o espectáculo familiar ‘Hugo’ de Náufragos Teatros premiado cun premio María Casares. A esta ampla programación hai que engdir o cartel da Mostra de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo que se presentará proximamente.











