Muíños e Gey ostentarán as dúas dedicacións exclusivas de Rianxo

entrevistaadolfo100.jpgRIANXO> Adolfo Muíños dedicou os primeiros días como alcalde a percorrer os departamentos municipais para coñecer os mecanismos de traballo do concello.

{flowplayer}barbanza/entrevistaadolfo.flv{/flowplayer}

Entre as aspiracións do novo alcalde de Rianxo figura a de aumentar a participación cidadá no eido municipal e a creación de emprego. Por iso, de acordo co seu socio no executivo local, o PSOE, crearon dúas novas áreas de goberno. Por unha banda unha concellería de promoción económica, centrada no desenvolvemento do polígono industrial e outra de participación cidadá.

Pendentes da celebración do pleno de organización, o novo goberno estará conformado por dez concellerias e haberá dúas dedicacións exclusivas, a súa e do tenente de alcalde, o socialista Carlos Gey.

Redución da débeda

O novo rexedor rianxeiro asume con preocupación a difícil tarefa de reducir a elevada débeda das arcas municipais. Por iso xa traballa no busca de novas canles de financiación e optimización de recursos para asumir os servizos ós cidadáns. Unha das vías de aforro será prescindir de postos de confianza e libre designación.

A súa intención é a de potenciar a comisión de desenvolvemento do Plan de Ordenación Urbano e crear un documento consensuado con todos os grupos políticos e os colectivos sociais.

Asemade resolverá o desequilibrio existente entre a zona urbana e o rural, potenciando iniciativas de desenvolvemento en todas as parroquias. Quere dar transparencia ó seu mandato, celebrando un pleno da corporación cada mes no ten previsto dar voz á cidadanía.

Redacción Barbanza