A Xunta revisará o proxecto da mellora da seguridade vial na AC-305 na Pobra

    reunionac305_100_290409.jpgPOBRA> Manuel Ruíz afirmou que se terá en conta a opinión dos veciños á hora de realiza-la reforma do proxecto.

    {flowplayer}barbanza/reunionac305.flv{/flowplayer}

    A maioría dos veciños afectados por este proxecto que acudiron á xuntanza esta tarde no salón de plenos do concello pobrés acolleron a nova con gran entusiasmo. De algo serviron as múltiples mobilizacións realizadas en contra do proxecto, ó seu entender desproporcionado, e que provocaría importantes danos nas súas propiedades, xa que en numerosos casos prevía a destrución de peches próximos a vivendas, garaxes e mesmo afectarían a negocios emprazados nas marxes da estrada AC-305.

    Opinión dos veciños

    Na reunión o portavoz parlamentario do PPdeG, Manuel Ruíz, informoulles da xuntanza mantida hai varias semanas co propio Conselleiro, Agustín Hernández, quen lle trasmitiu o seu compromiso de ter en conta a opinión dos veciños á hora de realiza-la reforma do proxecto.

    Paralización proxecto

    Segundo o propio Ruíz Rivas todo o proceso levado a cabo ata o de agora quedará paralizado.

    Redacción Barbanza