Boiro sancionará ós propietarios de construcións que contribúan ó feísmo

    feismoboiro_100_300409.jpgBOIRO> O concello emitiu un bando informativo a través do cal lembra a obriga de manter en bo estado as construcións que incidan na imaxe estética da vila.

    {flowplayer}barbanza/feismoboiro.flv{/flowplayer}

    En canto ós edificios a nova norma establece a necesidade de adecuar e repara-las cubertas e teitumes, a recollida de augas pluviais deberá ser debidamente canalizada á rede municipal e en ningún caso ser conectadas á rede de sumidoiros.

    Os promotores e propietarios das construcións deberán manter os elementos das fachadas en condicións de seguridade e ornato, sen signos de desprendementos ou falla de coidado. Tamén é de obrigado cumprimento o recebado e pintado dos baixos e locais que están desocupados ou aqueles de nova construción.

     A norma tamén estará dirixida ós solares. Así aqueles nos que se realicen obras ou desmontes, deberán ser pechados consistentemente.

    Sancións

    Ademais tamén se sancionará ós propietarios de parcelas con maleza, escombros ou outros elemetos que se poidan visualizar e creen unha imaxe de descoido e abandono. A medida será amén extensible ós núcleos rurais.

    Con esta medida o que se pretende en definitiva é combatelo denominado feismo urbanístico.

    Redacción Barbanza