O avogado de Villaverde solicita a súa posta en liberdade

    recursosvillaverde_100.jpgRIBEIRA> A procuradora Tamara Paisal, a instancias do avogado de Villaverde, presentaba no Xulgado o recurso solicitando a excarceración do seu cliente.

    Segundo os datos ós que tivo acceso esta redacción o escrito fundamentábase na inexistencia de probas concluíntes contra o acusado que permanece a día de hoxe ingresado no cárcere de Teixeiro, despois de que o xuíz do Xulgado de Primeira Instancia Número 1 de Ribeira, Fernando Ferreiro, decretara o pasado venres o seu ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza.

    {flowplayer}barbanza/recursovillaverde.flv{/flowplayer}

    O avogado Iván Núñez considera que a situación procesal non variou en nada e os efectos atopados durante os rexistros realizados en varias das súa propiedades non teñen ningunha relación co caso, polo que interpreta que non existen probas que o incriminen na desaparición de María José Arcos.

    Redacción Barbanza