![]()
O GROVE> O mal resultado acadado nas eleccións autonómicas polo Partido Galeguista foi a principal causa que levou ó grovense Francisco López …
{flowplayer}images/salnes/CHESQUI_FOR_PRESIDENT.flv{/flowplayer}
O GROVE> O mal resultado acadado nas últimas eleccións autonómicas polo Partido Galeguista foi a principal causa que levou ó grovense Francisco López Chesqui a presentar a súa candidatura no vindeiro congreso desta formación. Así o explicaba na rolda de prensa que ofreceu esta mañá na illa da Toxa.
Francisco López Chesqui explicou que presenta unha candidatura á presidencia do Partido Galeguista para revitalizar o vello discurso da formación cunha opción de galeguismo – nacionalismo centrado. Entre os seus obxectivos políticos figura acadar representación no Parlamento de Galicia.
Chesqui quere que o Partido Galeguista ocupe o espazo que lle corresponde na historia e mesmo reclama a súa participación na elaboración do novo estatuto de Galicia. O aspirante á presidencia do PG quere que nesta formación se sintan identificados os prexudicados pola crise e reclama un pacto en defensa de Galicia.
Francisco López tamén fixo referencia ó Plan do Litoral e reclamou á nova Xunta a elaboración dun plan de ordenación do conxunto do territorio galego.
Redacción Salnés







