Créase o primeiro Consorcio Provincial de Bombeiros

    consorcio_bombeiroscopy.jpgPONTEVEDRA> O obxectivo, tal e coma explicou o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, é mellorala coordinación do servizo.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_BOMBEIROS.flv{/flowplayer}

    O Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presidiron a constitución de dito Consorcio Provincial de Bombeiros de Pontevedra.

    Con este paso, explicou Rueda culmínase un proceso que comezou no ano 2000 e que pretende mellorala coordinación destes parques.

    O novo Consorcio, formado polo parque de Bombeiros de Vilagarcía, Ribadumia, Porriño e Morrazo e o do Deza a nivel funcional, dará emprego a máis de cen persoas e estará financiado ó 50% por Xunta e Deputación.

    Ademais, cada un dos parques estará especializado para mellorala súa eficacia. O do Salnés centrarase en emprego de cans de rescate, o do Morrazo en rescate en acantilados e o do Porriño en riscos químicos.

    Nestes momentos a provincia de Pontevedra conta con 30 parques de Bombeiros.

    Redacción Salnés