X.Deira: ‘O asfaltado da rúa Nº 6 de Barraña é unha prevaricación’

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/01/bngboirorehabilitacionpazogoians0107141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/01/bngboirorehabilitacionpazogoians010714.mp4{/flowplayer} BOIRO> Segundo os nacionalistas estanse a malgastar cartos en obras innecesarias en lugar de investilos no pazo de Goiáns, cuxas instalacións sofren día a día un gran deterioro. Varios membros do BNG boirense, entre os que se atopaba o seu portavoz, Xosé Deira, achegáronse ata as portas de entrada ó pazo de Goiáns para denunciar o estado de abandono que presentan actualmente estas instalacións. Dende a formación frentista acúsase ó actual executivo desta situación. É máis cúlpano da perda dunha subvención de medio millón de euros concedidos a Boiro polo Goberno Central no ano 2011 que estarían destinados á rehabilitación deste espazo. Máis crítico se mostrou o voceiro nacionalista, Xosé Deira. Quen acusou ó goberno local presidido por Xoán Xosé Dieste de prevaricación, ó malgastar recursos públicos en obras, como é o caso do asfaltado da rúa Número 6 de Barraña, na que os intereses duns poucos prevalecen sobre os intereses xerais. Eses recursos que se empregaron nesa rúa, así como tamén os beneficios obtidos na venda dun terreo municipal en Barraña ou os investimentos destinados á instalación de céspede artificial a un dos campos de fútbol de Vista Alegre chegarían segundo os nacionalistas para rehabilitar as cubertas do pazo e evitar así que siga deteriorándose.