Emoción na entrega das Raias de Ouro en Portonovo

raia_ouro100_010509.jpgSANXENXO> A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, e o aventureiro Suso Leiro, foron os protagonistas hoxe na primeira xornada da Festa da Raia.

{flowplayer}images/salnes/RAIAS_OURO.flv{/flowplayer}

SANXENXO> Portonovo inicia hoxe tres días dedicados á Raia. A festa inaugurouse este mediodía coa entrega das Raias de Ouro.

O navegante e aventureiro Suso Leiro foi recoñecido por levar o nome da vila por todo o mundo a bordo do seu veleiro Finesse. Once viaxes que remataron cunha dura travesía en solitario ó Ártico. A emoción de Leiro por recibir a Raia de Ouro contaxiou a tódolos presentes, máxime cando compartiu este recoñecemento coa súa familia, en especial a súa dona.

A outra Raia de Ouro foi este ano para Rosa Quintana, recentemente nomeada Conselleira do Mar. O comité organizador quixo recoñecerlle a labor feita con anterioridade polo sector. A Confraría de Portonovo tamén tivo un detalle coas dúas Raias de Ouro deste ano.

Polo palco da festa tamén pasaron esta mañá os gañadores do Concurso de Cociña. Valentina Moldes, de Areas foi a primeira en categoría Amateur, mentres que na de profesionais gañou Ana Isabel Bouzada, do Rincón Gastronómico Salgadoiro, de Portonovo.

Redacción Salnés