![]()
VILAGARCÍA> O voceiro do Grupo Municipal dos Independentes por Vilagarcía, IVIL, debullou hoxe a emenda que propuxeron no último pleno…
{flowplayer}images/salnes/040509_ivil.flv{/flowplayer}
…. municipal e que contou co visto bo do bipartito local, no transcurso da aprobación dos orzamentos para o presente ano 2009. Un dos puntos que máis chamou a atención foi a rebaixa de taxas e impostos municipais e a conxelación dalgúns soldos. Neste pleno celebrado o pasado xoves, o grupo de IVIL tamén propuxo que se dese un impulso á mellora de varias infraestructuras para o rural, que xa foran prantexadas por este colectivo para executalas cos fondos anticrise do estado.
A maiores destas obras, o grupo que encabeza José Luís Rivera Mallo apuntou outras melloras necesarias como a da prazoleta da Bouza na Torre a da rede de sumidoiros; o acondicionamento do Hórreo do Parque da Xunqueira,e a creación cun vertedoiro homologado para refugallos de obra e dunha praza en San Roque, co conseguinte traslado da gasolineira existente.
Todos estes asuntos serán abordados, presumiblemente, a semana que ven nunha xuntanza que veñen de solicitar á alcaldesa local, Dolores García.
Redacción Salnés








