O alumnado do instituto de Carril aprenden técnicas de reanimación cardiopulmonar

VILAGARCÍA> Alumnos do instituto de Carril aprenderon esta mañá técnicas de reanimación cardiopulmonar. O curso, que vai xa pola súa undécima edición, está impartido por profesionais de urxencias do Hospital do Salnés. Nel, ensinan manobras básicas que, en moitos casos, sirven para salvar vidas.

Cun pequeno xesto, como este, podemos salvar vidas. As técnicas de reanimación cardiopulmonar poden chegar a reduci-la mortalidade nun 20% dos casos. Esta mañá, medio cento de alumnos do Instituto Miguel Ángel González Estévez de Carril puxeron en práctica os seus coñecementos. Levan todo o curso en contacto con esta materia.

Neste taller teórico-práctico achegan ós rapaces as claves para un soporte vital básico. Son, en definitiva, técnicas moi sinxelas que todos podemos aprender. Neste centro carrilexo levan todo o curso afondando na materia.

A iniciativa está en marcha dende hai once anos. Está impartida por profesionais de Urxencias do Hospital do Salnés.

Estímase que por cada minuto que pasa un paciente en parada, sen reanimación, perde un 10% de posibilidades de recuperación.

Comments are closed.