Cores Tourís toma posesión como delegado territorial de Pontevedra

    touris_posesion_100.jpgSANTIAGO> Esta mañá tomaron posesión do seu cargo os novos delegados territoriais da Xunta de Galicia nas catro provincias galegas e na…

     {flowplayer}images/salnes/040509_toma_posesion_touris.flv{/flowplayer}

    … área metropolitana de Vigo. Entre estes cinco representantes atópase o xa ex-alcalde de Cambados, Xosé Manuel Cores Tourís que será, de agora en diante, o superdelegado da goberno autonómico na provincia de Pontevedra. A maiores do cambadés, tamén tomaron posesión Diego Calvo que xestionará a Coruña, Raquel Arias por Lugo, Rogelio Martínez por Ourense e Lucía Molares por Vigo. Todos eles contan cunha marcada experiencia política e municipalista, tal e como destacou o presidente da Xunta de Galicia, Alberte Núñez Feijóo.

    Este nomeamento é a posta en práctica das do compromiso do PP de G de crear un goberno austero e eficaz. Estes cinco delegados territoriais van a substituír ás cincuenta e dúas delegacións territoriais existentes como interlocutores únicos do goberno galego cos Concellos, cas Deputacións e cos cidadáns.Todos eles dependerán directamente da Consellería de Presidencia que dirixe Alfonso Rueda.

     Con esta actuación múdase unha tendencia histórica, que segundo Feijóo suporá o abaratamento e a mellora da coordinación dos distintos estamentos do executivo.

    Redacción Salnés