VILAGARCÍA> A saúde e as novas tecnoloxías van da man na nova plataforma E-saúde, que impulsa a Xunta. O goberno galego presentou esta nova ferramenta hoxe en Vilagarcía.O dispositivo permite o acceso directo ó noso historial médico, dende calquera punto do planeta.
A aplicación informática E-saúde nace para ser accesible dende calquera lugar e a través de calquera dispositivo. Esta nova ferramenta permite o acceso directo e instantáneo ao SERGAS. Esta mañá levouse a cabo a súa presentación, a través dunha videoconferencia, difundida en varios puntos de Galicia, entre eles Vilagarcía. Alí, os asistentes aprenderon a navegar pola plataforma dun xeito áxil e dinámico.
Quen estea dado de alta neste servizo poderá xestiona-las súas citas médicas, acceder á súa historia clínica ou consulta-la medicación que debe tomar. Todo iso, dun xeito seguro e con tódalas garantías de que esa información só será accesible para o seu dono.
Os usuarios interesados en empregar este servizo poderán darse de alta na web esaude.xunta.gal.