![]()
MEIS> O circuito de Caticovas, en Meis, acolleu esta pasada fin de semana a primeira proba puntuable do Campionato Galego de Supercross. Oitenta pilotos acudiron a unha cita na que Adrián Garrido impúxose en categoría senior.
{flowplayer}images/salnes/supercross_050509.flv{/flowplayer}
Centos de persoas acudiron esta pasada fin de semana ó Circuito de Caticovas, situado na parroquia de San Vicente de Nogueira, para desfrutar de preto do II Campionato Concello de Meis de Supercross.
Tratábase da primeira proba puntuable para o campionato galego da especialidade e nela participaron oitenta pilotos, dende alevíns a veteranos. Organizado polo Motoclub Barrena2 as sesións de calificación comezaron ás 11:00 e as carreiras ás 16:00 do sábado. Dende os máis pequenos ata os máis expertos divertiron ó público con saltos espectaclurares e carreiras moi competidas.
Rubén Fernández foi o máis rápido nas dúas mangas de categoría alevín. En cadete-xuvenil, Ángel Suárez tamén dominou con claridade para levarse a victoria. Máis axustado estivo en promoción, onde a Víctor Pazos servíronlle dous segundos postos para impoñerse por tan só dous puntos de diferencia a Federico Sánchez, que fixo un cuarto e un primeiro.
Adrián Garrido, que está a disputar o Mundial de Mx3 demostrou a súa superioridade, en senior-junior vencendo nas dúas carreiras e situándose na xeral final por diante de Ricardo Costas, que foi segundo, e Román Pérez, campión de España en 2007, que completou o podium en terceira posición. Mentres, en veteranos o trofeo de campión foi para Mario Leiro.
Foi de destacar a presencia dos irmáns Bernárdez. Os de Cangas, que suman 16 títulos nacionais entre os dous, non puideron sen embargo subirse ó máis alto do podium.
Como tampouco puido a única muller participante, Silvia Rivas. A piloto local, de tan só 15 anos, terminou nunha meritoria decimoséptima posición na máxima categoría e ante os mellores da rexión. O seu bo facer valeulle para ser admitida esta semana na segunda proba do Mundial Feminino de Supercross que se disputa o sábado, en Agueda, localidade portuguesa stiuada entre Oporto e Coimbra.
Redacción Salnés







