CAMBADOS> En Cambados segue dando moito que falar a elección da nova alcaldesa, que xa desempeña o seu cargo coa vista posta nos asuntos que máis apremian, coma a celebración da Festa do Albariño ou a configuración do novo Goberno.
José Ramón Abal, foco de tódalas atencións o pasado sábado, ten as ideas claras de como debe ser o novo equipo.
Abal, e tamén o resto da política cambadesa, tardarán en esquecer a data do 13 de xuño de 2015. A súa cara nese día da investidura, falaba por si mesma. A tensión e cansanzo dunha noite de pouco durmir, deixaban ben ás claras a responsabilidade que levaba ás súas costas. Finalmente, chegou a hora da verdade, a decisión. E con ela, a algarabía e mesmo unha aperta coa nova alcaldesa, despois de tanto cruce de acusacións.
Xosé Ramón Abal agora está tranquilo, e pídelle o mesmo a todos os cambadeses.
Tamén ten claro unha cousa: que o tempo dá e quita razóns polo que, transcorrido o mandato, será o momento de avaliar se a decisión foi ou non a correcta.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/cambados_pode_abal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/cambados_pode.mp4{/flowplayer}