VILANOVA> O colexio Plurilingüe de San Roque de Corón conta xa cunha pista multideporte de herba artificial. Xunta e deputación investiron un total de 80 mil euros para que a escola de Vilanova conte con estas instalacións. O seu uso será xestionado de forma conxunta pola consellería e o concello, de tal forma que poida ser utilizado pola veciñanza da zona fora do horario escolar.
A pista multideporte de herba artifical xa é unha realidade no colexio Plurilingüe de San Roque de Corón, en Vilanova. Xunta, deputación e concello participaron neste proxecto impulsado pola consellería de educación dentro do seu plan de arquitectura pedagóxica.
A pista tivo un custo de 80 mil euros financiada por xunta e deputación. A súa xestión será compartida entre consellería e concello para que o espazo poia ser utilizado pola veciñanza fora do horario escolar.
Con esta pista multideporte, o alcalde considera que o colexio de San Roque de Baión conta xa con todos os servizos necesarios.
Este proxecto levouse a cabo ademais de en Vilanova, noutros 33 concellos de toda Galicia durante este 2022. O plan de arquitectura pedagóxica continuará para os concellos interesados, durante o vindeiro ano.