O PSOE critica a mala xestión do goberno local das obras do Plan E

    psoepobrairregularidades_100.jpgPOBRA> Os socialistas pedirán unha inspección ao Subdelegado do Goberno para que estudie as presuntas irregularidades na adxudicación destes proxectos.

    Non é a primeira vez que os socialistas pobreses denuncian estas irregularidades. O pasado mes de marzo acusou ao goberno local, presidido por Isaac Maceiras, de cometer fraude de lei ao ter iniciado as obras ao abeiro do Plan Anticrise sen que foran adxudicadas de xeito definitivo. Desta volta, engaden que non se está a executar o proxecto de saneamento do lugar de As Pedriñas tal e como consta redactado. Concretamente, na zona dos Vilares, sinalan dende a agrupación socialistas cambiouse o trazado das tubarias.

    Do mesmo xeito, acusan ao grupo de goberno de non dar a coñecer a corporación municipal estes cambios no proxecto, que non se reflicte no documento orixinal. Tamén poñen en dúbida as xestión do alcalde pobrés do Plan de Investimento Local. Acusan a Maceiras de non ter cumprindo as directrices de creación de emprego establecidas por esta iniciativa, dado que dunha previsión de contratación dun total de vinteoito desempregados tan só abandonaron a lista do para doce persoas.

    {flowplayer}barbanza/psoepobrairregularidades.flv{/flowplayer}

    Ante isto, os socialistas pobreses solicitarán ao subdelegado do goberno, José Manuel Pose Mesura, unha inspección polo miudo dos proxectos incluidos no Plan Anticrise do goberno central.

    Axustes no proxecto

    Pola súa banda, dende o concello, o alcalde, Isaac Maceira, saindo ao paso destas acusacións, sinalou que o proxecto de Pedriñas non sufriu ningunha modificación, tan só houbo que cambiar o trazado dunha tubaría. Esta canalización tivo que ser desviada do rego do río, dado que o terreo nese lugar era demasiado feble para aguantar a infraestrutura. O rexedor agradeceu aos veciños a súa colaboración e sinalou que o custo a maiores deste proxecto sería asumido pola empresa adxudicataria e que ningún veciño quedará sen saneamento.

    Redacción Barbanza