![]()
RIBEIRA> Con este premio, que repartiu algo máis de 16.200 euros, xa son tres as as veces que a fortuna tocou a esta cidade no que vai de ano.
Esta vez foi o número 46.377, o posterior ó primeiro premio da Lotería Nacional do xoves, o que deixou un bo pellizco en Ribeira. En total vendéranse vinte décimos, premiados con 800 euros cada un, o que achega a cifra ós dezaseimil euros.
Semella que o premio está bastante repartido entre clientes habituais aínda que, segundo explicou o propietario da administración número 1 de Santa Uxía, hai un afortunado que ten alomenos cinco décimos no seu poder co que a suma de seguro que lle debeu dar unha gran alegría.
{flowplayer}barbanza/premiogordoribeira.flv{/flowplayer}
Sorte por triplicado
No que vai de ano, esta xa é a terceira vez en que esta administración, situada ó lado da igrexa de Ribeira, recibe a visita da deusa fortuna.E ó longo da súa histoira, dende que abrira as súas protas no ano 69, son moitos os premios millonarios que ten repartido entre os ribeirenses. Sen ir máis lonxe, hai tres anos selou unha primitiva con seis acertos que reparrtiu máis de dous millóns de euros entre cinco mozos do municipio.
Esta racha de boa sorte ten repercutido nunha importante suba das vendas polo que o propietario da administración está moi satisfeito. Agora, despois de tres ocasións rondando o gordo agarda que ó longo do ano chegue máis dun premio millonario.
Redacción Barbanza








