Despídese a ludoteca de verán con xogos na rúa

    POBRA> ¿Lémbranse da Oca ou do tradicional Conecta Catro? Hoxe os nenos participantes na ludoteca gozaron deles en tamaño xigante.

    Un centenar de nenos, participantes na ludoteca de verán e no Summer Camp, tomaron a praza do Cantón da Leña para gozar dunha mañá repleta de xogos de mesa, pero en tamaño xigante. Nestes grandes taboleiros, pais, avós ou veciños podían xogar e interactuar cos máis pequeniños. Os nenos estiveron coordinados por Golfiños Xestión de Ocio, a empresa adxudicataria da ludoteca da Pobra do Caramiñal. Moitos foron os pais que se animaron a anotar ós seus fillos, pola facilidade que supón á hora de conciliar a vida laboral e familiar. Durante xullo e agosto, desenvolveron a maior parte das actividades no colexio Salustiano Rey Eiras de Bandaseca pero outras moitas, tiveron lugar en diversos puntos do municipio. Unha parte do grupo divertiuse aprendendo inglés ó mesmo tempo. A ludoteca rematará a vindeira semana, coincidindo coa volta ó cole. A coordinadora, Ana Pérez, quixo convidar a pais e nenos para o próximo ano.