O apoio dixital á implantoloxía centrará o 17 Simposio de Odontoloxía da Pobra

A POBRA> O Simposio de Odontoloxía volverá congregar na Pobra a destacados especialistas en implantoloxía. Celebrarase esta fin de semana, baixo a organización do Atlantic Dental Institute. Acada xa a súa 17ª edición.

A Pobra volverá converterse esta fin de semana en referente internacional da odontoloxía. O Congreso organizado polo Atlantic Dental Institute reunirá na vila barbanzá a 150  especialistas que terán ocasión de coñecer as últimas técnicas en implantoloxía baseadas na cirurxía mínimamente invasiva a través do apoio das útlimas tecnoloxías. O Congreso comezará xa o  venres no que 24 profesionais terán ocasión de participar nunha xornada práctica sobre o protocolo de traballo ‘Chair side’ que permite a fabricación e inmplantación dunha corona en menos de dúas horas.

Xa o sábado terán lugar as ponencias no auditorio Valle-Inclán a cargo dos recoñecidos especialistas Nuño Gil, Ferrán Llansana e Pablo Hess. O simposio volve contar co patrocinio de Dentsply Sirona, o grupo odontolóxico máis importante a nivel mundial.

Tras 17 edicións, este congreso tense consolidado como unha das citas odontolóxicas máis importantes a nivel internacional. Dende 2006, teñen participado nesta cita máis de 4500 especialistas e cincocentos poñentes internacionais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí