A Unidade de Cabalería da Policía Nacional vixía os montes de Ribeira

RIBEIRA> Trátase dunha operación de prevención de incendios que se enmarca durante os meses de xullo e agosto. Chegaron a Ribeira a principios deste mes para vixiar os montes da comarca do Barbanza. Un grupo de sete membros da Unidade de Cabalería de Madrid da Policía Nacional que xa está a traballar para evitar que as lapas arrasen ca flora e a fauna galegas. Trátase dunha operación de prevención de incendios que dou comezo a principios do mes de xullo e que rematará a finais de agosto. Con base en Santiago, este equipo de axentes desprázase ós diferentes municipios do Barbanza. Un equipo que dará o seu relevo no mes de agosto, para que outros sete policías da Unidade de Cabalería cheguen a nosa ría. Como explicaron onte durante a presentación ós medios deste operativo, a Unidade de Cabalería ofrece vantaxes fronte o corpo habitual da Policía Nacional, pois chegan a lugares ós que os coches non o fan. Durante estas semanas, poderanse ver montados a cabalo e vixiando o entorno do Parque Periurbano de San Roque e a zona do Vilar. Unhas paisaxes ás que xa se habituaron, e aseguran que non lles importaría quedarse na zona do Barbanza un mes máis.