A cociña galega será materia de estudo no Basque Culinary

    basqueculinary copia.jpg POIO> A academia vasca organizou unha xornada do Casa Solla para desvelar o programa de formación para o vindeiro semestre.

    {flowplayer}images/salnes/BASQUE_CULINARY_POIO.flv{/flowplayer}

    A gastronomía e os viños galegos serán as materias que se estudarán durante un semestre no Basque Culinary Center, a academia vasca de gastronomía impulsada por chefs do País Casco como Arzak, Martín Berasategui ou Pedro Subijana. No que queda de curso os estudiantes aprenderán técnicas, cultura e os produtos de Galicia, elaborando seis pratos típicos da nosa cociña.

    Ademais, para o 20 de marzo organizouse unha xornada na que participarán persoeiros do mundo do viño e cociñeiros que falarán da tradición gastronómica de Galicia.

    Para presentar este proxecto, o Basque Culinary Center organizou unha xornada en Casa Solla, na que participaron autoridades políticas, os cociñeiros do Grupo Nove e adegueiros, entre eles o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, institución que tamén colabora neste proxecto.

    Precisamente a primeira visita a Galicia do Basque Culinary Center fíxose o pasado mes de maio a adegas da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    Redacción Salnés