RIANXO> A Guadalupe de Rianxo chega hoxe á súa fin despois de sete días de festa rachada. A cantata da rianxeira pechará as celebracións nunha noite máxica na que se agardan miles de visitantes.
Rianxo despide hoxe as festas da Guadalupe. Onte viviu unha xornada do máis tradicional na que a artesanía e a música tomaron as rúas do casco convertido nun auténtico feirón.
A festa prolongouse ata Ben entrada a noite cos concertos de Río de Anxo e Os Mersenarios e a verbena amenizada polas orquestras La Favorita e Assia. Hoxe os nenos cobraron especial protagonismo con actividades infantís e festa da escuma. Xa pola noite, os rianxeiros despedirán as festas coa tradicional cantata da rianxeira alumeada polas bengalas que, como cada ano, entoarán miles de persoas.