EU critica os orzamentos municipais aprobados para o 2009

    eu_100.jpgVILAGARCIA> O orzamento municipal de Vilagarcía para este ano 2009, aprobado o paso xoves en pleno segue dando que falar.

     {flowplayer}images/salnes/060509_eu_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    Se o luns era o voceiro de IVIL o que facía un repaso o que foi a súa emenda ós mesmos para absterse nas votacións; agora é Esquerda Unida quen arremete con forza contra a aprobación deste documento económico. O grupo municipal que lidera Juan Fajardo céntranse en denunciar o continuísmo do clientelísmo existente fai anos entre o daquela alcalde Gago co equipo de José Luís Rivera Mallo, que segundo eles tantos prexuízos trouxo para este concello.

    No tocante ó contido da emenda proposta polo grupo de IVIL, Esquerda Unida apunta que o bipartito local non acerta ó conxelar ás taxas e impostos a tódolos cidadáns por igual, independentemente da súa renda; defendendo, en troques, unha baixa unicamente para aqueles pouco solventes.

    Denuncia tamén que o equipo de goberno confunde acción social con beneficencia e que menten cando din que se van a conxelar os salarios dos profesionais liberados. No referente á invitación que de novo lles fixeron desde o BNG para entrar a formar parte do equipo do goberno, os membros de EU volvéronse a negar, argumentando que non se poden unir a un grupo que non ten programa de xestión algún. Tamén houbo para o Partido Popular; os de Esquerda Unida acusaron ós compoñentes PP de G local de irresponsables e de utilizar a política municipal para o beneficio persoal, logo de que nesta última sesión faltasen dous concelleiros deste partido, imposibilitando así o outro resultado previsible nas votacións.

    Redacción Salnés