Valle-Inclán confía en manter as 110 prazas da Xunta na súa residencia

    VILANOVA> A Residencia Valle Inclán non se resigna a perder as 110 prazas públicas que na actualidade posúe o centro. O concurso de adxudicación non se resolverá ata finais do mes de abril, polo que a xerencia asegura que aínda queda moito que dicir. Tamén insiste: en ningún caso Valle Inclán pechará as súas portas.

     

    Esta semana déronse a coñecer as empresas que participaron no concurso para adxudicar as 110 prazas públicas que ata o de agora explota a Residencia Valle-Inclán. As demandas afastaban todas de Vilanova, repartíndoas entre Vilagarcía, Ribadumia, Nigrán, Poio e Vilaboa. Pero o centro vilanovés non se resigna a perdelas.

    A xerencia tampouco ten na axenda o peche da residencia. Na actualidade contan con 162 usuarios, dos que só 69 ocupan prazas da Xunta.

    Iso si, recoñece que sería necesario un recorte da plantilla.

    Martínez advertiu dos intentos de politizar a residencia. Por iso desvencellou calquera decisión da xerencia a cuestións relacionadas coa política.

    Dende a residencia tamén quixeron desmentir calquera relación entre Francisco Rodríguez e Euroconsultores Sociosanitarios, empresa que optou ao concurso de adxudicación das prazas da Xunta. Aínda que recoñecen que Rodríguez foi socio da compañía, aseguran que na actualidade non existe ningún vencello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/03/residencia_vilanova.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/04abril/03/residencia_vilanova.mp4{/flowplayer}