Multitudinaria celebración dos 25 anos da banda de música e a radio municipal de Valga

VALGA> A banda de música e a radio municipal de Valga celebran o seu 25 aniversario. Para celebralo, no municipio reuníronse unhas 500 persoas, entre seareiros da agrupación musical e oíntes da emisora.  Foi nun acto festivo no parque Irmáns Dios Mosquera, no que houbo gastronomía, música e xogos.

Valga conmemorou o vinte e cinco aniversario da Banda de Música e da Radio Municipaisxcun acto multitudinario.  O evento congregou no Parque Irmáns Dios Mosquera  unhas 500 persoas, entre oíntes da emisora local e membros e seguidores da agrupación musical. Ela foi, precisamente, a encargada de abrir a programación da xornada cunha sesión vermú. Pola banda, calculan os seus responsables, pasaron en todo este tempo unhas 300 persoas.

E mentres a banda de música municipal tocaba as súas primeiras pezas, Radio Valga lanzábase ás ondas.

Nesta xornada festiva tamén participou o alcalde de Valga, que destacou a importancia de ambas institucións.

Bello Maneiro salienta que no concello había moito talento que permitiu darlle forma á banda municipal. No caso da radio, destaca a súa implantación entre e veciñanza, cun amplo seguimento nestes 25 anos. De feito e malia a chegada doutras vías de comunicación, a radio segue a ser unha refencia en Valga e na contorna.

Ademais, nesta xornada conmemorativa, a banda sorprendeu ao público cunha peza única: Fervenzas, inspirada nas de Parafita.

Esta gran celebración incluíu tamén unha parte gastronómica e moita máis música, a cargo da Orquestra Capitol, un dúo e un DJ. Tamén actividades para os máis cativos, unha sesión do Mago Noel e xogos populares.