1.100 rapaces participarán na 2ª Campaña de Seguridade Viaria

    seguridade.viaria100.jpgCAMBADOS> As actividades vanse dirixir a adultos, e nenos. Facendo especial incidencia nos máis pequenos, que son os condutores do futuro.

    Cada ano morren en España 720 persoas vítimas de atropelos. Un dato que motivou ao concello de Cambados a incidir na educación da cidadanía. A campaña de Seguridade Viaria ten por obxectivo concienciar aos condutores e aos viandantes sobre os perigos, nos tramos urbanos.

    A campaña de Seguridade Viaria comezará o vindeiro venres, día 15, no auditorio da Xuventude. As 20 horas e corenta e cinco minutos arrancará unha charla na que van intervir dous expertos en seguridade viaria, catedráticos da Universidade de Salamanca. O luns 18 de maio comezarán as charlas nos centros educativos, a cargo dun accidentado que quedou parapléxico nun accidente de tráfico. Quen lle relatará aos alumnos a súa experiencia. Os días 5, 6 e 7 de xuño instalarase un parque de karts na praza de Fefiñáns, para os máis cativos.

    O concello estima que participarán nesta actividade preto dun milleiro de nenos do municipio.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/080509_seguridade_viaria.flv{/flowplayer}