![]()
CAMBADOS> Trinta décimos premiados con corenta mil euros cada un. Carlos Pillado repartiu este premio dende o seu posto habitual da Praza de Abastos.
{flowplayer}images/salnes/PremioExtraOnceCambados.flv{/flowplayer}
Carlos Pillado, este vendedor da ONCE, non agochaba hoxe a súa ledicia aquí no seu posto habitual nos soportais da Praza de Abastos de Cambados. El non quedou con ningún dos trinta décimos do 65.840, o número premiado no sorteo extraordinario que a ONCE celebrou onte polo día do pai.
O premio maior foi a parar a Puertollano, nada menos que quince millóns de euros. Ata Galicia chegaron trinta décimos que Carlos repartiu en Cambados.
Nos doce anos que leva vendendo o cupón da ONCE, non é esta a primeira vez que Carlos reparte sorte entre os seus veciños, aínda que si é o maior que repartiu ata o de agora.
Gran ambiente o que se creo ó redor desta nova, aínda que na praza non atopamos ós agraciados, as praceiras alegrábanse de que os afortunados foran veciños do municipio.
Pois para ver precisamente, en que se investirán parte dese millón douscentos mil euros, achegámonos ó Bar Conxuro. Aquí Carlos adoita deixar parte dos seus cupóns para que os repartan entre os seus clientes. Neste caso foron dez décimos deste 65.840.
Xente traballadora e coñecidos de toda a vida que comezaban xa a pensar en que o ían a gastar.
Un respiro, como moitos dicían, que en tempos de crise non está nada mal.
Redacción Salnés







